Intro PR



Dostępni.eu (nome da empresa: INTRO PR Monika Szczygielska) é unha provedora de servizos de accesibilidade con experiencia en subtitulación (en directo), audiodescrición, interpretación en lingua de signos, accesibilidade web e formación en accesibilidade. Conta cunha experiencia única na prestación de servizos de accesibilidade para eventos en directo. Dostepni.eu é pioneira no campo do refalado en Polonia. Dende 2013, estivo traballando na implementación e desenvolvemento do subtitulado en directo neste país. Ten unha ampla experiencia en subtitulación en directo para retransmisión de conferencias en liña, incluídas as celebradas nas instalacións do Parlamento polaco, e outros eventos tamén en directo. Ten experiencia tanto no refalado intralingüístico coma no interlingüístico e participou en diversos proxectos internacionais. Coopera coa canle de televisión Polsat (unha das dúas principais emisoras privadas de Polonia) na primeira prestación de subtítulos en directo para espectáculos de divertimento.

Tamén é a primeira e única provedora de subtitulado en directo por medio do refalado na televisión polaca. Dostepni.eu contribúe a ILSA coa súa experiencia en subtitulación en directo para, entre outras cousas, conferencias con representantes da Comisión Europea, membros do goberno polaco, eurodeputados e eventos internacionais, como a Misa de canonización do Papa Xoán Paulo II ou un festival de música internacional. Durante os devanditos eventos, proporcionou subtítulos interlingüísticos en directo (inglés-polaco e polaco-inglés). Dostepni.eu tamén participa en proxectos de formación (incluídos os organizados en colaboración coa Universidade de Varsovia) e leva a cabo sesións de formación en accesibilidade. O equipo tamén estuda a calidade dos subtítulos en directo e investiga formas de optimizar solucións multimedia accesibles.




                               

                                                              

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content