Sobre o proxecto

Internet, os medios audiovisuais e a tecnoloxía dixital transforman o noso mundo. Con todo, o seu potencial non se converterá nunha realidade ata que sexan completamente accesibles e permitan a participación de todos os cidadáns na vida cotiá.

A tradución audiovisual e a accesibilidade aos medios de comunicación convertéronse en impulsores da inclusión e a integración social e, ultimamente, recibiron un recoñecemento total en publicacións e en proxectos financiados pola UE. No campo da subtitulación en directo para espectadores con perda auditiva, a técnica predilecta é o refalado, co que os subtituladores escoitan o son orixinal dun programa ou evento público e o repiten ou reformulan, de forma simultánea, a un software de recoñecemento de voz, que converte estas palabras en subtítulos intralingüísticos. Agora, xurdiu un novo desafío, pois os fluxos migratorios e o carácter multilingüístico e multicultural cada vez maior das sociedades de todo o mundo orixinaron unha crecente demanda de accesibilidade a contidos audiovisuais e eventos en directo realizados nun idioma estranxeiro.

Por iso, é fundamental atopar profesionais que poidan producir subtítulos interlingüísticos en directo (Interlingual Live Subtitles ou ILS) a través do refalado, unha nova disciplina que require destrezas de tradución, subtitulación e interpretación simultánea.

Así, ILSA adoptou unha visión máis ampla da accesibilidade, xa que a nova disposición de ILS beneficiará a un grupo meta máis amplo, non só a audiencias vulnerables (espectadores xordos ou con discapacidade auditiva, grupos con discapacidades físicas/mentais, persoas con necesidades especiais e dificultades de aprendizaxe), senón tamén a audiencias estranxeiras: migrantes, refuxiados e grupos marxinados en risco de exclusión poderán beneficiarse, especialmente, do potencial que ofrecen os subtítulos interlingüísticos para facilitar a súa integración na nova contorna cultural e, máis concretamente, na televisión, na aula e nas institucións políticas.

Intellectual Outputs

O proxecto ILSA xirou en torno a sete produtos intelectuais (Intellectual Outputs ou IO) para lograr a súa prioridade principal: desenvolver o novo perfil profesional do ILSer. Isto incluíu unha avaliación da práctica e formación actuais en subtitulación intralingüística en directo (IO1), na que se baseou ILSA; a identificación das destrezas de subtitulación, interpretación e refalado requiridas para o traballo (IO2 e IO3); o desenvolvemento, avaliación e validación dun curso especializado e os seus materiais (IO4, IO5, IO6 e IO7); e a creación dun protocolo para transferir os resultados do proxecto á sociedade (IO7) e conseguir, así, a implementación de ILS na televisión, na aula e en eventos en directo (contornas sociais, políticas, etc.).
Con estes innovadores produtos, o proxecto aborda unha serie de prioridades horizontais, como a difusión de métodos innovadores e novos impulsores das TIC para conseguir melloras na educación. O proxecto tamén facilita a adquisición de habilidades e competencias relevantes e de alta calidade, incluídas as destrezas dixitais e en idiomas estranxeiros, fomentando, así, a empleabilidade, e desenvolvendo ferramentas para a avaliación destas competencias (IO6). Unha terceira prioridade horizontal abordada por ILSA é a promoción da inclusión social na educación mediante a implementación de ILS na aula para proporcionar acceso en directo a estudantes non nativos e xordos en clases impartidas nun idioma estranxeiro.

Partners

image of a man using a speaker

A vocación intercultural de ILSA, que foi oficialmente apoiada polas Nacións Unidas, só pode cumprirse a través da cooperación transnacional e un amplo alcance que inclúe variedade de idiomas (inglés, español, galego, holandés, alemán, polaco), situacións lingüísticas (países monolingües e bilingües) e tradicións de tradución audiovisual (dobraxe, subtitulación, voces superpostas).

A equilibrada combinación de socios académicos (Universidade de Vigo, Universidade de Viena, Universidade de Varsovia, Universidade de Amberes) e socios non académicos (VRT, INTRO PR) asegurará unha colaboración transectorial ascendente para a creación do novo perfil e do curso de formación, así como para a implementación de ILS na televisión e en contornas sociais e políticas. A nivel rexional, a colaboración entre a Universidade de Vigo, o grupo de investigación GTM da Universidade de Vigo, o Parlamento de Galicia e o canal público autonómico de televisión TVG deu lugar ao primeiro programa de recoñecemento de voz en Galicia, facendo posible a provisión de subtitulado en directo de programas de noticias vistos por ao redor de millón e medio de persoas ao día.

Expected Results

Ademais dos produtos intelectuais, tamén se espera acadar os seguintes resultados durante e unha vez finalizado o proxecto:
Maior concienciación acerca da accesibilidade dos medios en xeral e subtitulación (interlingüística) en directo en particular, de modo que a súa provisión se presuposte dende o principio e non como un complemento posterior.
Unha nova visión compartida da subtitulación (interlingüística) en directo como unha oportunidade para unha maior accesibilidade e inclusión e non coma un problema.
Unha maior provisión de subtitulación (interlingüística) en directo de boa calidade en diferentes contextos e contornas.
Maior profesionalización de subtituladores (interlingüísticos) en directo.
Recoñecemento social e profesional da subtitulación (interlingüística) en directo.
Establecer as bases para o futuro desenvolvemento dun asesoramento profesional (orientación profesional) da subtitulación (interlingüística) en directo.
Establecer as bases para unha futura cooperación internacional e relacións internacionais a longo prazo: colaboración entre expertos multisectoriais e paneuropeos, universidades, emisoras e partes interesadas a nivel europeo.
Posibilidade de alcanzar e difundir experiencia en institucións situadas en países non pertencentes á UE (área dos Balcáns, África, América, Asia e Australia), moitas das cales xa se atopan entre os 25 socios de ILSA.
Fortalecer o coñecemento e a aceptación da diversidade na sociedade.
A participación dos usuarios finais na accesibilidade aos medios de comunicación e, por primeira vez en Europa, nos contextos que se farán accesibles a través de ILSA: o acceso dos usuarios ao contido televisivo en directo e á educación nun idioma estranxeiro, así como a contornas políticas, coma os Parlamentos, cando as sesións se levan a cabo nun idioma estranxeiro (ILS) ou no seu idioma materno (subtitulación intralingüística en directo).

                               

                                                              

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content